omp packages

pi-show-provider-gentle-pi1.0.1

Pi package with a /show-provider-gentle-pi on|off command to show provider/model instead of only model in the gentle-pi shell bar.

alexandregz Published 6 days ago MIT ~202 downloads/mo

Untested on omp

This is a pi package. No one has reported whether it works on omp yet. If you try it, add your result below.

Did it work for you?

Result

One report per person. A new report replaces your old one.

Reports 0

No reports yet.

Readme

pi-show-provider-gentle-pi

English version →

Parchea a barra inferior de gentle-pi (a shell de Pi) para que amose provider / model en lugar de só model. Faino editando directamente o ficheiro de orixe do core: extensions/gentle-shell.ts.

Barra inferior de gentle-pi amosando provider / model

🚀 Uso

Instala o paquete (local, git ou npm) e reinicia Pi:

pi install ./pi-show-provider-gentle-pi        # ou git:/npm:

Dentro de Pi executa:

/show-provider-gentle-pi on     # parchea: a barra amosa "provider / model"
/show-provider-gentle-pi off    # reverte: a barra volve a amosar só "model"

🔧 Por que un parche do core?

A barra inferior constrúe o identificador do modelo en buildShellBarModel(), dentro de extensions/gentle-shell.ts:

// orixinal
	modelId: model?.id ?? "no-model",

O parche substitúe ese fragmento por:

// despois do parche
	modelId: model ? `${model.provider}/${model.id}` : "no-model",

Mentres gentle-pi monte modelId no propio core, unha extensión externa non pode alteralo: esta extensión é a que fai o cambio físico no ficheiro, coma o alias de shell que creabas antes.

✅ Comportamento

  • /show-provider-gentle-pi on — Fai primeiro unha copia de seguridade con selo de tempo (gentle-shell.ts.YYYYMMDDHHMMSS) e despois aplica o parche. Está protexido contra sobreescritura: se o ficheiro xa está parcheado, non toca nada e avisa.
  • /show-provider-gentle-pi off — Reverte o parche editando o propio ficheiro (non restaura o backup, así non o perdes aínda que o backup sexa dunha versión vella de gentle-pi). Está protexido contra sobreescritura: se o ficheiro xa está restaurado, non toca nada e avisa.
  • Traballa igual en macOS e Linux (non depende do sed de BSD/GNU).

💾 Backup

  • Onde: na mesma carpeta que o ficheiro orixinal.
  • Formato: gentle-shell.ts.YYYYMMDDHHMMSS, co selo de tempo do momento do /show-provider-gentle-pi on (exemplo: gentle-shell.ts.20260912012624).

Listar os backups:

ls -la ~/.pi/agent/npm/node_modules/gentle-pi/extensions/gentle-shell.ts.*

⚙️ Detalles

  • Detección de estado: mira o campo modelId completo, non unha cadea solta nin un nome de método. Se contén modelId: model ? \${model.provider}/${model.id}` : "no-model"está acendido; se conténmodelId: model?.id ?? "no-model"está apagado. Se non recoñece ningún dos dous, avisa e non toca nada (seguridade). Isto é deliberado: en versións recentes de gentle-pi a cadea${model.provider}/${model.id}tamén aparece noutros puntos do ficheiro (por exemplo, na clave de *adaptive reasoning*). Unha detección por cadea solta daría sempre «xa parcheado» e o interruptor nunca actuaría, por iso se ancorou ao campomodelId`.
  • Camiño do ficheiro (orde de precedencia):
    1. variable de contorno PI_SHOW_PROVIDER_GENTLE_PI_TARGET;
    2. resolución como paquete irmán dentro do mesmo node_modules (funciona en instalacións globais e de proxecto);
    3. predeterminado: ~/.pi/agent/npm/node_modules/gentle-pi/extensions/gentle-shell.ts.
  • Ao actualizar ou reinstalar gentle-pi, o ficheiro volve ao estado orixinal e haberá que executar /show-provider-gentle-pi on de novo.

🧪 Proba

npm test

Corre 7 test sobre os helpers puros con copias temporais do ficheiro — nunca toca a instalación real de gentle-pi.

📂 Contido do repo

Ficheiro Descrición
extensions/show-provider.ts A extensión de Pi que rexistra /show-provider-gentle-pi on/off.
tests/show-provider.test.ts Tests dos helpers (idempotencia e ida-e-volta).
bashrc A función patch-pi-footer (antiga solución de shell); mantida como referencia.
package.json Metadatos do paquete Pi (pi.extensions, script npm test).
LICENSE Licenza MIT.
README.md / README.en.md Esta documentación (galego / inglés).

📄 Licenza

MIT © 2026 Alexandre Espinosa Menor